quarta-feira, 6 de maio de 2009

PEDRO BUENO SALTO






PEDRO BUENO: ENCRUCILLADA DE ÉTICA E ESTÉTICA.
Nos eidos da producción de formas é difícil hoxendía encadrar calidade na forma e mais no fondo, ou antre continente ou contido, antre técnica, bagaxe cultural e mensaxe - si é que se precise comunicar algo. Non é pra menos cavilar así, non envan estamos nos mellores tempos do consumo, das presas, a especulación, o engano, onde pesan mais os metros cadrados, o volumen, a cantidade que a calidade... O resto pode ser pura casualidade, un fenomeno, unha anormalidade que o productor de formas vencella os aspectos devanditos.
Pra xuzgar a Pedro Bueno é preciso meterse na sua obra, ollar e palpar os seus empastes limpos, a axilidade das liñas, afondar no seu estudo das texturas... Si acaso en Pedro Bueno pesan as grisallas, as cores teixas, outonizas, bretemosas que tanto caracterizan iste noso contexto Galego. Loita interna deste creador de formas por esgazar con algo que lle pode, intentos por deixar relocir un lostregazo de craridade que rompa con esa apoloxía tan rica en gamas grises e mouras.
Ambente ben apropiado para empaquetar todo un contido de cousas caducas, desafortunados artefactos, pioneiros da producción industrial : o vello moliniño de café, a gramola, a estufa de ferro, o aparato de radio .... cecais se intue o seu ruido nostalxico. Eis o mérito desta obra que semella ter voz en “off “ , a protesta dos vellos artefactos de fábrica que deixamos esquecidos no faiado ou que desauciamos nun rastro calisquera. Obxetos nunha fase inicial da sua evolución, a piques de iniciar a carreira do consumo, agora sustituidos polas formas aerodinámicas que pregoan horas nucleares e intertroques galácticos.
A paixase en Pedro Bueno é unha mistura de ceo e terra, aperta de liñas onduladas, outono no que se presaxia un ceo boreal-laranxa. Ceos esfarrapados en nubeiros caendo sobre un chan de nostalxias que ao mesmo tempo nos envolven.
Pedro Bueno non esquiva o rostro, o retrato, ainda que a figura human aparece pouco, cecais por seu franciscanismo, que é cousa ben Galega. O que pesa é o anecdótico, as cousas miudas, sempre despreciadas.
FELIPE SENEN - Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Sem comentários:

Pesquisar neste blogue

Arquivo do blogue

Acerca de mim

A minha foto
Porto, Portugal
GALERIA DE ARTE CONTEMPORÂNEA LARGO DOS LÓIOS,50 4050-338PORTO (+351)222005156 galeriavieiraportuense@gmail.com www.galeriavieiraportuense.com